A conselleira de Infraestruturas asina en ITG o convenio para actualizar a Base de Prezos da Edificación de Galicia

4 Novembro 2015 – A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o presidente do Instituto Tecnolóxico de Galicia, Antonio Couceiro, asinaron hoxe un convenio que ten como obxectivo a revisión e actualización da base de datos no eido da edificación de Galicia (BDC Galicia). Con este acordo procederase, entre outras accións, á actualización de prezos incluídos na base de datos actual que manexa este centro tecnolóxico.

Así mesmo, estudarase a actualización anual dos prezos de man de obra e dos produtos; e a ampliación da base de datos con produtos e partidas específicas de interese para a eficiencia enerxética e á rehabilitación.

Actualizaranse os prezos de man de obra e dos produtos, ademais de ampliarse a base de datos con produtos orientados á eficiencia enerxética e á rehabilitación

A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, achegará 135.000 € á materialización deste convenio, que ten vigor ata o ano 2017. O Instituto Tecnolóxico de Galicia será o encargado de realizar os traballos previstos.

Este convenio enmárcase nas competencias da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo ten a responsabilidade de levar a cabo o seguimento da aplicación do Código Técnico da Edificación e a proposta para o seu desenvolvemento normativo adaptado ás características da edificación en Galicia; ademais do establecemento de estándares técnicos no relativo a materiais, procesos e sistemas construtivos.

Pola súa banda, o Instituto Tecnolóxico de Galicia realiza, entre outras, actuacións como a investigación; a construción de bancos de datos e a súa explotación; o desenvolvemento da tecnoloxía da construción e a colaboración coa a administración pública en materia tecnolóxica.

Estas entidades levan asinando dende 1993 oito convenios, onde o primeiro deles tiña por obxecto a realización dun banco de prezos da construción e edificación de Galicia. O último acordo rematou en decembro de 2010 e, agora, co obxecto da renovación e da actualización desta colaboración, é necesario asignar un novo convenio.

Sobre ITG

Somos Centro Tecnológico Nacional reconocido oficialmente desde el año 2012 por el Ministerio de Economía y Competitividad, Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación, y nuestra razón de ser es mejorar la capacidad competitiva de las empresas, organizaciones y profesionales a través de la I+D+i y tecnología diferencial.

Noticias relacionadas